luns, 1 de abril de 2024

Día das Artes Galegas

   Hoxe, luns 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas.

  Nesta ocasión dedicámolo a "Mulleres Galegas que abren camiño nas Artes". Cada aula investigou sobre dúas mulleres que destaquen en pintura, escultura, arquitectura, música, danza, literatura ou cine.

  E como remate da actividade fixemos unha representación da muller tradicional galega usando o noso traxe rexional.





sábado, 24 de febreiro de 2024

venres, 23 de febreiro de 2024

Día de Rosalía

   Hoxe 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía.

  O alumnado está a traballar esta semana para coñecer mellor a figura de Rosalía. 

  Este é o mural no que participaron todas as aulas.




 

venres, 9 de febreiro de 2024

luns, 5 de febreiro de 2024

venres, 2 de febreiro de 2024

Entroido 2024

  No CEIP María Pita xa estamos argallando o noso Entroido.

  A temática deste curso son as Olimpíadas e Paraolimpíadas, polo que toda a comunidade educativa está preparando disfraces relacionados coa temática.
 
   Na semana do 5 ao 9 de febreiro teremos que seguir as ordes do noso Meco.

 

Son o rei do Entroido

Meco danme en chamar

se ben o queres pasar

este Mandadiño tes que realizar

 


 

xoves, 21 de decembro de 2023

Festa de Nadal

    Hoxe despedimos o ano no cole cunha gran festa na que tamén tivemos as badaladas de fin de ano.

   Boas festas!!