mércores, 9 de outubro de 2024

"A Historia da radio na Coruña"

   Hoxe visitounos o periodista e pai dun alumno do noso cole, Marcos Sanluis.

  Impartío unha charla ao alumnado de 4ª de Primaria titulada "A Historia da radio na Coruña".

  Falou sobre a primeira emisora na Coruña, a primeira directora de radio galega, ...

  Moitas grazas pola visita!!



martes, 8 de outubro de 2024

Proxecto de Centro: #explorACoruña

     Iniciamos o Proxecto de Centro deste novo curso escolar.

    O Proxecto ten por título: #explorACoruña.

    Este ano imos coñecer máis sobre a nosa cidade.

    Para comezar queremos que o alumnado coñeza a figura de María Pita, que lle da nome ao nose cole.


 

mércores, 11 de setembro de 2024

Comezamos o curso 2024 - 2025 !!

 

 Xa estamos de volta!

  Benvidas e benvidos ao curso 2024 - 2025. 

  O EDLG xa está preparando as novas actividades para este curso, estade atentas e atentos ao blog...


 

 



 

 

venres, 21 de xuño de 2024

Remata o curso!!

  Hoxe remata o curso para o noso alumnado.

  Dende o E.D.L.G. queremos darlle as grazas a toda a comunidade educativa pola súa partipación e colaboración nas actividades que propuxemos este curso.

  Parabéns ás nenas e nenos e ás familias polo traballo feito este curso.

  Vémonos en setembro, bo verán rapazada!!

 

 

martes, 21 de maio de 2024

Letras Galegas 2024: "a saia da Carolina"

    Nos recreos da Semana das Letras Galegas o alumnado de Primaria bailou a cantiga da Carolina.

5º e 6º de Primaria bailou no patio de Infantil para compartir o baile.



venres, 17 de maio de 2024

Día das Letras Galegas 2024

   Hoxe venres, 17 de maio, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

  Este ano adícase á figura de Luísa Villalta Gómez.
 
  Queremos amosarvos o mural feito polo alumnado para este día.

  Moitas grazas pola vosa colaboración!! 

 



 

 

mércores, 15 de maio de 2024

Letras Galegas 2024: obradoiro de gaita galega

   Dentro da Semana das Letras Galegas, hoxe o alumnado de 6º de Primaria participou nun obradoiro de gaita galega. O obradorio foi impartido polo mestre gaiteiro Xoán Carlos Rilo.

 



luns, 13 de maio de 2024

venres, 3 de maio de 2024

Letras Galegas 2024: vídeo da vida e obra de Luísa Villalta

   Este vídeo da Primavera das Letras, o Proxecto da Real Academia Galega para o público infantil, 

relata a vida e obra de Luisa Villalta dun xeito divertido.


 


xoves, 2 de maio de 2024

Letras Galegas 2024: Concurso de chistes

  Unha das actividades que imos facer para celebrar o Día das Letras Galegas é o Concurso de chistes.

  O alumnado vai preparar os seus mellores chistes para contar nas aulas e subir ao blog.

 


mércores, 1 de maio de 2024

Letras Galegas 2024: Luísa Villalta Gómez

  Xa estamos en maio!

  Como xa sabedes, o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas.

  Este ano adícanse as Letras Galegas a Luísa Villalta Gómez.

  Este mes iremos subindo ao blog materiais sobre as Letras Galegas.

  O primeiro que queremos amosarvos é o cartel que fixeron no Seminario Galán.

  Se premedes no cartel ides a súa web e alí atoparedes os materiais que elaboraron este ano para o Día das Letras Galegas.


 

luns, 1 de abril de 2024

Día das Artes Galegas

   Hoxe, luns 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas.

  Nesta ocasión dedicámolo a "Mulleres Galegas que abren camiño nas Artes". Cada aula investigou sobre dúas mulleres que destaquen en pintura, escultura, arquitectura, música, danza, literatura ou cine.

  E como remate da actividade fixemos unha representación da muller tradicional galega usando o noso traxe rexional.





sábado, 24 de febreiro de 2024

venres, 23 de febreiro de 2024

Día de Rosalía

   Hoxe 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía.

  O alumnado está a traballar esta semana para coñecer mellor a figura de Rosalía. 

  Este é o mural no que participaron todas as aulas.




 

venres, 9 de febreiro de 2024

luns, 5 de febreiro de 2024

venres, 2 de febreiro de 2024

Entroido 2024

  No CEIP María Pita xa estamos argallando o noso Entroido.

  A temática deste curso son as Olimpíadas e Paraolimpíadas, polo que toda a comunidade educativa está preparando disfraces relacionados coa temática.
 
   Na semana do 5 ao 9 de febreiro teremos que seguir as ordes do noso Meco.

 

Son o rei do Entroido

Meco danme en chamar

se ben o queres pasar

este Mandadiño tes que realizar