mércores, 21 de decembro de 2022

Postais gañadoras do Concurso de Nadal

   Estas son as postais gañadoras do Concurso de Postais de Nadal:

  O alumnado premiado foi:

  4º Ed. Infantil: traballo grupal da aula de 4ºB


  
5º Ed. Infantil: traballo grupal da aula de 5ºB


 
   6º Ed. Infantil: traballo grupal da aula de 6ºA


  

  1º Ed. Primaria: Noa C. 


  

  2º Ed. Primaria: Eva V. 


  3º Primaria: Fátima P.


 4º Primaria: Hugo S.

  

   5º Primaria: Alina T.
 


  6º Primaria: Iria G.

  E de todas elas escollemos a de Alina T. de 5º de Primaria para felicitar as festas a toda a comunidade educativa.

   Boas Festas!!

 

martes, 20 de decembro de 2022

Agasallos do Concurso de Postais de Nadal

   Temos expostos os agasallos para as postais gañadoras do Concurso de Nadal.

   Mañá será o momento de coñecer as postais gañadoras...



xoves, 1 de decembro de 2022

mércores, 30 de novembro de 2022

venres, 25 de novembro de 2022

25N: Día Internacional contra a violencia de xénero

   Este ano celebramos no cole esta data cunha pancarta que se colocou no patio e unha actividade sobre Frida Kahlo na que participou todo o cole.



sábado, 19 de novembro de 2022

E chegou o Magosto!

  Onte venres celebramos o Magosto no cole.

  Toda a comunidade educativa participou e ata veu o castañeiro prepararnos as castañas. A nosa ANPA repartiu castañas para todo o alumnado e despois... festa!!

  Moitas gracias a todas e todos pola vosa colaboración.



venres, 18 de novembro de 2022

Música Tradicional Galega no Magosto

   Esta semana, dentro das actividades do Magosto, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun taller de gaita e dun concerto didáctico de música tradicional galega.

  O mércores o alumnado de 6º de Primaria participou non obradorio de gaita galega impartido polo mestre gaiteiro Xoan Carlos Rilo. O xoves foi o turno do alumnado de 5º de Primaria, que paticiparon nun concerto de música tradicional galega impartido polo Grupo de Música Tradicional da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). Os músicos tocaron unhas pezas e presentaron os distintos instrumentos que soaron.

  Premede na imaxe para ver o vídeo das actividades:





xoves, 17 de novembro de 2022

Refráns do outono

   O alumnado de Primaria, de 1º a 6º, prepararon refráns do outono para celebrar o Magosto.

  Esta é unha mostra do seu traballo.



mércores, 16 de novembro de 2022

sábado, 12 de novembro de 2022

Exhibición de baile de peóns

   Onte visitounos Omar Pule, campión internacional na especialidade de baile de peóns, facendo unha exhibición ao alumnado do cole.  Deste xeito celebramos o Día do Peón no cole.

  No recreo nenas e nenos bailaron os seus peóns nas pistas.

  Estas son as imaxes da xornada:



venres, 11 de novembro de 2022

Día do Peón

 O 11 de novembro celébrase o Día do Peón.

  Baixo o lema "Polo San Martiño, peóns ao camiño" preténdese que o día 11 de novembro convírtase nun día no que os peóns, bailados tanto pola rapazada como polos maiores, bailen e requebren por toda a xeografía galega.

 Hoxe teremos unha exhibición de peóns a cargo dun campión internacional... mañá teredes as imaxes.



xoves, 10 de novembro de 2022

É tempo de Magosto!!

 Para gozar desta data tan especial temos que facer nas nosas casas un trebello para comer as castañas.

 É moi doado!! 

 Precisamos un envase de zume, leite,... cortado pola metade. Grampámolo e decorámolo ao noso gusto.
 
 Despois poñemos un cordón de la para poder colgalo do pescozo.
 
 Nun envase botaremos as castañas e noutro botaremos as pelas, así non ensuciamos o chan!!
 


mércores, 9 de novembro de 2022

Magosto 2022

   Estas semanas estamos traballando nas aulas o Magosto.

  Este é o cartel das actividades:



mércores, 2 de novembro de 2022

Proxecto anual do centro

   No ano 2023 conmemórase o 50 aniversario da morte de Picasso, e dende o cole non podíamos deixar escapar esta oportunidade. Por iso, durante todo o curso, o pintor malagueño será o eixe de multitude de actividades. 

  O alumnado de 3º de Primaria creou estes monstros Picassianos.

 


luns, 31 de outubro de 2022

Lecturas do Samaín

 Este venres 28 tivemos lecturas de contos e relatos de medo en Infantil e Primaria.

 En Infantil as mestras leron contos ao alumando de 3, 4 e 5 anos. En Primaria as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º leron os seus relatos de medo ao alumnado de 1º, 2º e 3º.



sábado, 29 de outubro de 2022

Relatos de medo

   O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria fixeron relatos de medo para o Samaín.

  Estes son alguns deles:

  4º Primaria





   5º Primaria








   6º Primaria





 

venres, 28 de outubro de 2022

Exposición de cabazas

   Moitas cabazas chegaron ao cole para celebrar o Samaín!!

  Fixemos unha exposición na entrada do cole con algunhas delas, as outras decoran as aulas estes días.



xoves, 27 de outubro de 2022

Os monstros Picassianos de Primaria

   O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria tamén crearon monstros Picassianos para o Samaín.

   Estes son algúns deles:


   1º Primaria




  2º Primaria


 






  3º Primaria