mércores, 18 de decembro de 2019

Concerto Didáctico de Música Tradicional Galega


  Este mércores 18 de decembro o alumnado de 4º de Educación Primaria gozou dun Concerto Didáctico de Música Tradicional Galega.

  O concerto realizouno o Grupo de Música Tradicional da Consellería de Cultura, organizado  polo Centro Coreográfico Galego, adscrito á Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e pertencente á Consellería de Cultura e Turismo de Galicia.

  Os músicos tocaron unhas pezas que fixeron bailar ao público presente. Tamén nos presentaron os distintos instrumentos que soaron.

  Nenas e nenos quedaron encantandas e encantados co concerto.

  Premendo na imaxe podedes ver como foi esta actividade.



https://photos.google.com/album/AF1QipO1LCFkyiw-DO7CSWRf0ujHALvAlh-qFOE9USgt 







luns, 16 de decembro de 2019

E as postais ganadoras son ...

   Xa temos expostas as postais finalistas do Concurso de Postais de Nadal.



   Entre todas elas foi difícil elixir as ganadoras.

   Estas son as postais ganadoras por niveis:

   4º E.I.: Xoel Santás Prego






   5º E.I.: Emma Cabado Santoalla




   6º E.I.: Fátima Penedo Gaspar




   1º E.P.: Nerea Cardama Vázquez




   2º E.P.: Claudia Suárez López




   3º E.P.: Iria García Puga




   4º E.P.: David Rey Vilares




   5º E.P.: Renée Avendaño Pérez




   6º E.P.: Icía Ares Betanzos



   E de todas elas escollemos a de Icía Ares para felicitar as festas a toda a comunidade educativa.

   Boas Festas!!

martes, 3 de decembro de 2019

Concurso de Postais de Nadal


  Un ano máis o EDLG convoca o Concurso de Postais de Nadal.

  Xa está todo o alumnado creando postais do Nadal para elixir unha para felicitar as festas a toda a comunidade educativa.

  De momento, imos mostrarvos a postal do ano pasado, feita por Lucía Carabel de 6ºA de Educación Primaria.

  Nos vindeiros días iremos publicando as postais gañadoras do Concurso.