Amosando publicacións coa etiqueta Día do Peón 2022. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do Peón 2022. Amosar todas as publicacións

sábado, 12 de novembro de 2022

Exhibición de baile de peóns

   Onte visitounos Omar Pule, campión internacional na especialidade de baile de peóns, facendo unha exhibición ao alumnado do cole.  Deste xeito celebramos o Día do Peón no cole.

  No recreo nenas e nenos bailaron os seus peóns nas pistas.

  Estas son as imaxes da xornada:



venres, 11 de novembro de 2022

Día do Peón

 O 11 de novembro celébrase o Día do Peón.

  Baixo o lema "Polo San Martiño, peóns ao camiño" preténdese que o día 11 de novembro convírtase nun día no que os peóns, bailados tanto pola rapazada como polos maiores, bailen e requebren por toda a xeografía galega.

 Hoxe teremos unha exhibición de peóns a cargo dun campión internacional... mañá teredes as imaxes.