venres, 19 de xuño de 2020

Remata o curso!!

  Hoxe remata o curso escolar para o noso alumnado.

  Dende o E.D.L.G. queremos darlle as grazas a toda a comunidade educativa pola súa partipación e colaboración nas actividades que propuxemos este curso.

  Parabéns ás nenas e nenos e ás familias polo traballo feito este curso "diferente".

  Vémonos en setembro, bo verán rapazada!!





xoves, 18 de xuño de 2020

Carteis de cine

  Imos coa derradeira actividade deste curso, os carteis de cine.

  Como xa sabedes, este curso o Proxecto da Biblioteca ten como temática o cine.

  Pois o alumnado de cuarto de Primaria elaborou carteis das pelis que máis lle gusta pero modificando ao seu gusto os títulos.

  Mirade que orixinais!!


https://photos.app.goo.gl/9VSGvVJhfGvf11g99