Esta pasada semana os corredores enchéronse de traballos feitos tanto en Infantil como en Primaria para celebrar Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Esta pasada semana os corredores enchéronse de traballos feitos tanto en Infantil como en Primaria para celebrar Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
A mestra Lara preparou este vídeo co baile que realizou o alumnado para celebrar esta data.
Hoxe o alumnado de 5º de Primaria gozou dun Concerto de Música Tradicional Galega.
O concerto realizouno o Grupo de Música Tradicional, organizado polo Centro Coreográfico Galego, adscrito á Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e pertencente á Consellería de Cultura e Turismo de Galicia.
Os músicos tocaron unhas pezas e tamén nos presentaron os distintos instrumentos que soaron.
Neste mes de xaneiro imos facer a 3ª etapa do Camiño.
Esta etapa vai de Sarria ata Portomarín con 22,2 km para percorrer.
No noso mural imos apuntando os kilómetros feitos en cada etapa.
Bo Camiño!!