venres, 21 de xaneiro de 2022

Concerto de Música Tradicional Galega

   Hoxe o alumnado de 5º de Primaria gozou dun Concerto de Música Tradicional Galega.

  O concerto realizouno o Grupo de Música Tradicional, organizado  polo Centro Coreográfico Galego, adscrito á Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e pertencente á Consellería de Cultura e Turismo de Galicia.

   Os músicos tocaron unhas pezas e tamén nos presentaron os distintos instrumentos que soaron.

 






Ningún comentario:

Publicar un comentario