Seguimos celebrando as Letras Galegas!
Onte o alumnado de 1º e 2º de Primaria cantou e bailou no concerto que nos ofreceu a Gramola Gominola.
Grazas ao Concello da Coruña pola organización deste concerto.
Seguimos celebrando as Letras Galegas!
Onte o alumnado de 1º e 2º de Primaria cantou e bailou no concerto que nos ofreceu a Gramola Gominola.
Grazas ao Concello da Coruña pola organización deste concerto.
Hoxe martes, 17 de maio, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Este ano adícase á figura de Florencio Delgado Gurriarán.
Queremos amosarvos o mural no que participaron desde Infantil ata 6º de Primaria.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!
E esta é a 2º parte do vídeo cos chistes do alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.
Premede na imaxe para ver o vídeo.
No seguinte vídeo presentamos algúns dos chistes que se presentaron ao concurso deste ano.
Nesta 1ª parte temos ao alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria.
Premede no cartel para ver o vídeo.
Onte mércores, un grupo de nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria actuaron para todo o alumnado do cole.
A actuación das "Tanxungueiras do María Pita" foi moi aplaudida en todos os patios dos recreos.
Premede na imaxe para ver as actuacións.
Nas sesións de Educación Fisica tamén están coñecendo a figura de Florencio Delgado.
Os mestres de EF prepararon unha xincana para o alumnado de 3º a 6º de Primaria.
O alumnado ten que superar varias probas relacionadas coas Letras Galegas traballando en grupos.
A mestra burbullasdept elaborou este genially sobre Florencio Delgado, con actividades para Infantil e Primaria.
Premede na imaxe e a xogar.
O Seminario Galán preparou esta exposición coa biografía e obra de Florencio Delgado, con ilustracións de Carlos Gallego Domínguez.
Premede na imaxe para ver as láminas da exposición.
No seguinte vídeo podemos repasar a vida e obra do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
Vídeo realizado por Tiktak Draw coas voces do alumnado de 6º de Primaria e guión elaborado polo EDLG do CEIP Plurilíngüe de Seixalbo, Ourense.
Premede na imaxe para ver o vídeo.
Unha das actividades que imos facer no cole para celebrar o Día das Letras Galegas é o Concurso de Chistes.
O alumnado vai preparar os seus mellores chistes para contar nas aulas.
Subiremos ao blog algúns deles.
Xa estamos en maio!
Como xa sabedes, o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas.
Este ano adícanse as Letras Galegas a Florencio Delgado Gurriarán.
Este mes iremos subindo ao blog materiais sobre as Letras Galegas.
O primeiro que queremos amosarvos é o cartel que fixeron no Seminario
Galán.
Se premedes no cartel ides a súa web e alí tendes os materiais que
elaboraron este ano para o Día das Letras Galegas.