Xa estamos de volta!
Benvidas e benvidos ao curso 2023 - 2024.
O EDLG xa está preparando as novas actividades para este curso, estade atentas e atentos ao blog...
Xa estamos de volta!
Benvidas e benvidos ao curso 2023 - 2024.
O EDLG xa está preparando as novas actividades para este curso, estade atentas e atentos ao blog...
O 14 de xuño celebramos o Día da Lingua de Signos.
O alumnado de 6ºA e B signaron unha canción para celebralo.
A mestra Begoña Currás, do CEE Nosa Señora do Rosario, imparte a materia de Lingua de Signos nos sextos e guiounos na preparación.
A mestra Lara preparou co alumnado esta muiñeira para celebrar o Día das Letras Galegas.
Para rematar a semana das Letras Galegas queremos presentarvos este vídeo resumo coas actividades que fixemos estes días.
Hoxe mércores, 17 de maio, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Este ano adícase á figura de Francisco Fernández del Riego.
Queremos amosarvos o mural no que participaron desde Infantil ata 6º de Primaria.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!
Chega o turno do alumnado de 3º a 6º de Primaria:
Xa temos preparado o primeiro pase do concurso de chistes.
Imos co alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria.
A orixe da nosa lingua guapa é un filme producido pola Real Academia Galega a partir dunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey. Damián Varela foi o director da orquestra a partir do guión asinado por Casalderrey e Fátima R. Ruibal, que é ademais a meiga-mestra que protagoniza esta película xunto ás verdadeiras estrelas: os nenos e as nenas do CPI Santa Lucía de Moraña que se converteron en actores e actrices para a ocasión.
Desde o CEIP Juan Rey prepararon o seguinte vídeo para que poidamos coñecer un pouco mellor a vida e obra de Francisco Fernández del Riego.
Unha das actividades que imos facer para celebrar o Día das Letras Galegas é o Concurso de Chistes.
O alumnado vai preparar os seus mellores chistes para contar nas aulas e subir ao blog.
Xa estamos en maio!
Como xa sabedes, o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas.
Este ano adícanse as Letras Galegas a Francisco Fernández del Riego.
Este mes iremos subindo ao blog materiais sobre as Letras Galegas.
O primeiro que queremos amosarvos é o cartel que fixeron no Seminario
Galán.
Se premedes no cartel ides a súa web e alí tendes os materiais que
elaboraron este ano para o Día das Letras Galegas.
Onte tivemos unha fermosa actividade de contacontos organizada poa Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración con Enrique Mauricio e Tania Solla.
Dentro do Proxecto de "Donas de Si" o alumnado traballou sobre a figura da pintora Maruja Mallo.
O Equipo de Biblioteca preparou un photocall ben divertido para todo o alumnado.
Neste vídeo temos un resumo da actividade:
Estes días estamos realizando actividades para celebrar o Día de Rosalía.
O Equipo de Biblioteca preparou este fermoso vídeo:
Hoxe celebramos o Entroido no colexio.
Nesta presentación temos un resumo do noso photocall picassiano.
No CEIP María Pita xa estamos argallando o noso Entroido.
A temática deste curso é Picasso, polo que toda a comunidade educativa está preparando disfraces relacionados coa temática.
Na semana do 13 ao 17 de febreiro teremos que seguir as ordes do noso Meco.
Son o rei do Entroido
Meco danme en chamar
se ben o queres pasar
este Mandadiño tes que realizar
Este ano na celebración do Día da Paz participou todo o alumnado de Infantil ata Primaria.
Lemos o Manifesto, actuación musical, baile e Carreira Solidaria... foi un día completo!!
Neste vídeo resumimos esta xornada: