Para rematar a semana queremos actualizar o álbum coas imaxes de todos os traballos que nos chegaron estes días.
A distancia non foi impedimento para celebrar o Día das Letras Galegas.
Parabéns a toda a comunidade educativa por este gran traballo!!
venres, 22 de maio de 2020
xoves, 21 de maio de 2020
Vídeo das Letras Galegas
Seguimos recollendo os froitos de todo o traballo que fixeron as nenas e nenos do cole para celebrar as Letras Galegas.
Hoxe queremos que vexades o vídeo tan chulo que preparou Irene Blanco de 5º B de Educación Primaria.
Parabéns Irene!!

mércores, 20 de maio de 2020
Recital de 1º Primaria (3ª parte)
Terceira e derradeira parte do recital do alumnado de 1º de Primaria.
Andrea Álvarez é a encargada de comezar o recital de hoxe.
Diego González
Roi Pagan
Gabriel Ferreiro
Sabela Lagares
E rematamos este recital das Letras Galegas con Daniela Fernández

martes, 19 de maio de 2020
Recital de 1º Primaria (2ª parte)
Imos coa segunda entrega do recital do alumnado de 1º de Primaria.
O primeiro do día é Antón Guerrero
Carla González
Nadia Atalaya
Fernando Bregua
Sara Talhi
E rematamos con Emma Clavijo
O primeiro do día é Antón Guerrero
Carla González
Nadia Atalaya
Fernando Bregua
Sara Talhi
E rematamos con Emma Clavijo
luns, 18 de maio de 2020
Recital poético de 1º Primaria
Nesta entrada seguimos co recital que comezou Julia o venres pasado.
O alumnado do 1º curso de Educación Primaria quixo festexar o Día das Letras Galegas con este recital de poemas de Manuel María.
Hoxe comeza Álex Rodríguez
Antón Pereira
Lucía Pousa
Diego Cabado
E para rematar por hoxe, recita Ezequiel Castreje

Traballos das Letras Galegas
Esta semana iremos publicando os traballos feitos polo alumnado para celebrar o Día das Letras Galegas.
Recibimos moitos traballos polo que queremos felicitar ás familias pola súa participación.
Imos comezar polos debuxos, portadas, marcapáxinas, .... feitos polas nenas e nenos de Infantil e Primaria.
Fixemos este álbum de fotos que podedes ver premendo na imaxe.

venres, 15 de maio de 2020
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2.020
O vindeiro domingo, 17 de maio, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Este ano adícase á figura de Ricardo Carvalho Calero.
Durante este curso escolar, toda a comunidade educativa participou nas actividades e iniciativas propostas dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!

Para celebralo montamos este vídeo onde podedes ver un pequeno resumo desta marabillosa participación!!
Moitas grazas pola vosa colaboración!!
Recital poético para as Letras Galegas
O alumnado de 1º de Educación Primaria animouse a recitar poemas de Manuel María para celebrar o Día das Letras Galegas.
Estamos recibindo moitos traballos que publicaremos para a semana vindeira. Seguide o blog!
Como adianto mirade que ben o fai Julia Oroza.

xoves, 14 de maio de 2020
Os Bolechas
Os Bolechas queren achegarnos ao persoeiro a quen se lle dedica este ano o Días das Letras Galegas.
A editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon a nosa disposición o novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
Premede na imaxe e podedes descargar o libro en formato PDF.

Música para as Letras Galegas
A profesora e artista Carmen Pérez Fernández, do IES María Soliño de Cangas do Morrazo,
compuxo estas cancións con poemas de Carvalho Calero.
A primeira chámase DEUS, unha composición inédita e feita para estas Letras Galegas 2.020.
E a segunda canción é TEÑO UNHA DOR (disco "Sons de Nós", 2.015).

mércores, 13 de maio de 2020
As pitas baixo a choiva
Desde a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra queren compartir con toda a comunidade educativa do noso cole un fermoso proxecto.
Este traballo está pensado para o alumnado desde os 3 ata os 12 anos e relacionado co persoeiro das Letras Galegas 2.020, Ricardo Carvalho Calero.
O proxecto chámase As pitas baixo a choiva e premendo na imaxe podedes acceder ao conto, á música e á unidade didáctica.

martes, 12 de maio de 2020
Outro xogo de pistas!!
Seguimos investigando sobre Carvalho Calero.
As mestras Alba Carril do CPI de Vedra e Ana Sánchez do CEIP Arquitecto Casas Novoa
elaboraron este "Escape Room" para festexar o Día das Letras Galegas deste ano.
Este magnífico xogo vainos ensinar moito sobre Ricardo Carvalho Calero.
A disfrutar toda a familia!

luns, 11 de maio de 2020
A xogar con Carvalho Calero!
Hoxe queremos que xoguedes e tamén investiguedes...
A mestra Alba Carril do CPI de Vedra, quixo facernos un agasallo polas Letras Galegas e creou este xogo tan chulo.
Premede na imaxe e adiante!
Para comezar o xogo tendes que premer no altofalante.

venres, 8 de maio de 2020
Preguntoiro Musical sobre Carvalho Calero
Seguimos coas Letras Galegas.
Imos cun xogo - canción feita neste tempo de confinamento para seguir coñecendo a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero.
Premede na imaxe e a cantar!!

mércores, 6 de maio de 2020
Ricardo Carvalho Calero
Queremos presentarvos ao autor homenaxeado nas Letras Galegas 2.020.
O alumnado do Colexio San Pío X de Ourense fixo un gran traballo sobre este autor.
Trátase dun vídeo narrado coas súas propias voces e que conta a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero.

martes, 5 de maio de 2020
Letras Galegas 2020!
Xa estamos en maio!
Como xa sabedes, o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas.
Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero.
Este mes iremos subindo ao blog materiais sobre as Letras Galegas.
O primeiro que queremos amosarvos é o cartel que fixeron no Seminario Galán.
Se premedes no cartel ides a súa web e alí tendes os materiais que elaboraron este ano para o Día das Letras Galegas.

sábado, 2 de maio de 2020
#EUQUEDONACASA: Visita Virtual ao Museo Centro Gaiás
Na Cidade da Cultura temos o Museo Centro Gaiás, chamado a ser un referente arquitectónico do século XXI.
Na actualidade pódese ver alí a exposicion "Galicia, un relato no mundo". A exposición permite descubrir abraiantes conexións de Galicia co resto do mundo, así como os segredos que rodean xoias como a Biblia Kennicott, a Santa de Asorey ou o Guerreiro de Lesenho.
Preparadas e preparados para facer unha visita virtual?
Premede na imaxe e imos aló!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)