xoves, 30 de abril de 2020

#EUQUEDONACASA: Aventuras no monte das artes


  Presentámosvos unha habitante moi especial do monte Gaiás: a raposa Fedella.

  A raposa Fedella non para de argallar pescudas e retos ao redor do seu tema favorito da Cidade da Cultura: o Museo Gaiás.

  Credes que sodes capaces de resolvelos? Adiante!

  Premede na imaxe e a pescudar.
 
 
https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/aventuras-no-monte-das-artes-resolve-os-retos-da-raposa-fedella




mércores, 29 de abril de 2020

#EUQUEDONACASA: Monicreques!


  Gústanvos os monicreques?

  A Xanela do Maxín preséntanos este marabilloso espectáculo sobre a obra da famosa toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.

  Unha obra simpática que provoca gargalladas e fai que os espectadores se divirtan coa toupiña.

  Premede na imaxe que xa comeza!!


 
https://www.youtube.com/watch?v=ZPzYVO5Jx9Y






luns, 27 de abril de 2020

#EUQUEDONACASA: Radio Picariña

  Queredes bailar con boa música, pois Radio Picariña acaba de engadir cen novas cancións para a rapazada.

  Con estas novas pezas, xa podes escoitar máis dun milleiro de cancións de música infantil e xuvenil na rede.

  Recordade que no blog temos un enlace directo na columna da dereita.

  Premendo na imaxe abrides a canle e a bailar!!



http://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina





xoves, 23 de abril de 2020

#EUQUEDONACASA: Hoxe é o Día do Libro!

  Un pouco de música para celebrar o Día do Libro?

  Mirade que canción do gran Paco Nogueiras para este día.

  Premede na imaxe e a cantar!!

 
https://www.youtube.com/watch?v=x-GqfB27-ek



mércores, 22 de abril de 2020

#EUQUEDONACASA: Día do Libro


  O 23 de abril é o Día do Libro. Para celebralo imos propoñervos que elixades un dos libros que a editorial Baía Edicións pon a vosa disposición na súa campaña "Con vós na casa".

  Tendes lecturas para tódalas idades!

  Premede na imaxe para escoller o libro que prefirades.



https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/





luns, 20 de abril de 2020

#EUQUEDONACASA: Receitas de cociña!!

Porque non todo vai ser traballar e facer deberes e tarefas...... Temos que probar e practicar outras actividades, así que aquí deixamos estas receitas moi sinxelas para que vos convertades en auténticos chefs!!



 

venres, 17 de abril de 2020

mércores, 15 de abril de 2020

#EUQUEDONACASA: OQO Filmes



  Hoxe queremos presentarvos os contos da Editorial OQO.

  Esta editorial ten unha canle en youtube cos vídeos dalgúns dos seus contos.

  Premede na imaxe e a gozar!


 
https://www.youtube.com/channel/UCEfA7SyrMlfXAXF_-tp1uVQ/videos






luns, 13 de abril de 2020

#EUQUEDONACASA: Contos contados



  Queredes que vos conten uns contos chulísimos?

  Pois premendo na imaxe ides atopar moitos contos contados por persoas relacionadas coa literarura e a educación.

  A editorial Kalandraka creou o canal Kalandraka TV para que todas e todos vexamos estes contos contados.

http://kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=6#PD_Loli%20Blanco%20-%20La%20cebra%20Camila


 



luns, 6 de abril de 2020

#EUQUEDONACASA: Xabarín Club !!

  Somos do clube da galega
  por fuciños, por cacheiras
  somos do clube da galega
  OINK, OINK! 

  Para estes días nada mellor que o Xabarín Club.

  Premendo na imaxe entrades na súa web, onde tendes cancións, series, curtas, xogos, ...