Este é o mural que preside a entrada á biblioteca para o Proxecto deste curso.
Este ano celebramos no cole esta data cunha pancarta que se colocou no patio e unha actividade sobre Frida Kahlo na que participou todo o cole.
Onte venres celebramos o Magosto no cole.
Toda a comunidade educativa participou e ata veu o castañeiro prepararnos as castañas. A nosa ANPA repartiu castañas para todo o alumnado e despois... festa!!
Moitas gracias a todas e todos pola vosa colaboración.
Esta semana, dentro das actividades do Magosto, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun taller de gaita e dun concerto didáctico de música tradicional galega.
O mércores o alumnado de 6º de Primaria participou non obradorio de gaita galega impartido polo mestre gaiteiro Xoan Carlos Rilo. O xoves foi o turno do alumnado de 5º de Primaria, que paticiparon nun concerto de música tradicional galega impartido polo Grupo de Música Tradicional da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). Os músicos tocaron unhas pezas e presentaron os distintos instrumentos que soaron.
Premede na imaxe para ver o vídeo das actividades:
O alumnado de Primaria, de 1º a 6º, prepararon refráns do outono para celebrar o Magosto.
Esta é unha mostra do seu traballo.
O alumnado de Infantil preparou unhas cantigas para o Magosto.
Aquí tendes o vídeo:
Onte visitounos Omar Pule, campión internacional na especialidade de baile de peóns, facendo unha exhibición ao alumnado do cole. Deste xeito celebramos o Día do Peón no cole.
No recreo nenas e nenos bailaron os seus peóns nas pistas.
Estas son as imaxes da xornada:
O 11 de novembro celébrase o Día do Peón.
Baixo o lema "Polo San Martiño, peóns ao camiño" preténdese que o día 11 de novembro convírtase nun día no que os peóns, bailados tanto pola rapazada como polos maiores, bailen e requebren por toda a xeografía galega.
Hoxe teremos unha exhibición de peóns a cargo dun campión internacional... mañá teredes as imaxes.
Para gozar desta data tan especial temos que facer nas nosas casas un trebello para comer as castañas.
É moi doado!!
No ano 2023 conmemórase o 50 aniversario da morte de Picasso, e dende o cole non podíamos deixar escapar esta oportunidade. Por iso, durante todo o curso, o pintor malagueño será o eixe de multitude de actividades.
O alumnado de 3º de Primaria creou estes monstros Picassianos.