Amosando publicacións coa etiqueta Magosto 2023. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Magosto 2023. Amosar todas as publicacións

venres, 17 de novembro de 2023

Concerto de Música Tradicional Galega

     Esta semana, dentro das actividades do Magosto, o alumnado de 5º de Primaria gozou dun concerto didáctico de música tradicional galega.  

   O concerto realizouno o Grupo de Música Tradicional, organizado  polo Centro Coreográfico Galego, adscrito á Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e pertencente á Consellería de Cultura e Turismo de Galicia.

   Os músicos tocaron unhas pezas e tamén nos presentaron os distintos instrumentos que soaron.


 

 

venres, 10 de novembro de 2023

Obradoiro de peóns

   Hoxe celebramos o Día do Peón. Recibimos a visita de Luis Ramas, Mestre de Educación Física que sabe moito de buxainas. Gracias Luis por ensinarnos tanto sobre as buxainas.


 


xoves, 9 de novembro de 2023

Día do Peón 2023

  O día 11 de novembro celébrase o Día do Peón.

  Baixo o lema "Polo San Martiño, peóns ao camiño" preténdese que o día 11 de novembro convírtase nun día no que os peóns, bailados tanto pola rapazada como polos maiores, bailen e requebren por toda a xeografía galega.

 O venres 10 teremos un obradoiro de peóns impartido por Luis Ramas.

 


martes, 7 de novembro de 2023

Os trebellos para a degustación das castañas

   Para gozar desta data tan especial temos que facer nas nosas casas un trebello para comer as castañas.

   É moi doado!! 

   Precisamos un envase de zume, leite,... cortado pola metade. Grampámolo e decorámolo ao noso gusto.
 
   Despois poñemos un cordón de la para poder colgalo do pescozo.
 
   Nun envase botaremos as castañas e noutro botaremos as pelas, así non ensuciamos o chan!!
 

 
 

luns, 6 de novembro de 2023

Magosto 2023

    Estamos no tempo do Magosto.

   Este é o programa de actividades para celebralo: