luns, 18 de maio de 2026

Letras Galegas 2026: Concurso de chistes

   Rematamos as actividades das Letras Galegas co vídeo do Concurso de chistes.


 

Letras Galegas 2026: as imaxes dos Contos Compartidos

   Unha das actividades programadas para as Letras Galegas son os "Contos Compartidos".

  O alumnado trouxo para o cole un conto feito coa súa familia. Despois fixemos unha actividade grupal na que participou todo o centro, de Infantil a 6º de Primaria. Xuntámonos nos patios e compartimos os contos para facer un tempo de lectura no exterior. Os maiores léronlle os contos ao alumnado de Infantil.

  Gracias ás familias pola súa colaboración na actividade.






 

domingo, 17 de maio de 2026

Día das Letras Galegas

   Hoxe domingo, 17 de maio, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

   Queremos amosarvos o mural feito para este día.

   Moitas grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración nas actividades desta semana!! 





 

martes, 12 de maio de 2026

Letras Galegas 2026: visita de Xacarandaina

  Dentro das actividades das Letras Galegas, hoxe tivemos a visita dunhas compoñentes do grupo Xacarandaina.

  No tempo do recreo houbo bailes nos patios de Infantil e Primaria.

  Moitas gracias polas actuacións!





 

xoves, 7 de maio de 2026

As flores da Festa dos Maios

   Esta semana rematamos as flores para a Festa dos Maios.

  Deixamos unha mostra do traballo feito polo noso alumnado para ese día.





 

mércores, 6 de maio de 2026

Festa dos Maios no Barrio das Flores

   A Plataforma Veciñal do Barrio das Flores organiza o 9 de maio a Festa dos Maios no barrio.

   Nesa data haberá unha xornada familiar con música e diversas actividades relacionadas con esta tradición galega.

  A asociación convida a toda a comunidade educativa a participar na elaboración dos maios o sábado pola tarde. O alumnado do noso cole está elaborando flores para esa data.

Vémonos o sábado na Festa dos Maios!!


 

   

martes, 5 de maio de 2026

Letras Galegas 2026: Contos Compartidos

  Outra das actividades programadas para as Letras Galegas son os Contos Compartidos.

  Propoñemos ás familias que participen desta actividade creando un pequeno relato en galego e a bolígrafo coas súas fillas e fillos. A extensión sería dunha "carilla". Recordade que este ano o Día das Letras Galegas adícase a Begoña Caamaño polo que estaría moi ben que unha personaxe do conto se chamase como a autora homenaxeada.

  O conto asinarase soamente co nome da alumna ou alumno (sen apelidos nin curso) e o parentesco coa persoa que fixo o relato. Por exemplo: "Pepa e a súa avoa".

  Todos os contos serán compartidos con todo o alumnado e familias do centro, xa que faremos copias para que haxa contos para todos.

  A data límite para que o alumnado entregue o conto na súa titoría será o luns 11 de maio. 

  Deixamos un modelo para que vexades como podemos presentar o conto.


 

Letras Galegas 2026: Concurso de chistes

  Unha das actividaedes que imos facer para celebrar o Día das Letras Galegas é o Concurso de chistes.

  O alumnado vai preparar os seus mellores chistes para contar nas aulas e subir ao blog.

 


 

luns, 4 de maio de 2026

Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño

  Xa estamos en maio!

  Como xa sabedes, o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas.

  Este ano adícanse as Letras Galegas a Begoña Caamaño.

  Este mes iremos subindo ao blog materiais sobre as Letras Galegas.

  O primeiro que queremos amosarvos é o cartel que fixeron no Seminario Galán.

  Se premedes no cartel ides a súa web e alí atoparedes os materiais que elaboraron este ano para o Día das Letras Galegas.