mércores, 23 de outubro de 2019

Mirade que curtas máis chulas...


É tempo de Samaín e queremos que vos divirtades.  Recompilamos unhas curtas para que vexades estes días:

 Fiz, o coleccionista de medos


A bruxa regañadentes



Os difuntos falaban castelao












 

Xa chega o Samaín!


 Para celebrar o Samaín o alumnado do cole vai facer as cabazas máis arrepiantes nunca vistas.

 Imos repartir a seguinte circular para que leven as súas casas.

 Cando teñamos a exposición de cabazas feita na entrada do cole poñeremos fotos de todas elas.





luns, 21 de outubro de 2019

Este ano o cine é o protagonista

Este curso no Proxecto Documental Integrado (PDI) as nenas e nenos do cole investigarán sobre o cine.


  

Xa está o Equipo de Biblioteca mans á obra e seguro que vai propoñernos actividades moi divertidas. 



martes, 15 de outubro de 2019

Dámosvos a benvida ao noso blog !!

Queremos darvos a benvida ao blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP María Pita.
A través del pretendemos contribuír á divulgación da nosa lingua na comunidade educativa.  Iremos mostrando as actividades que fagamos no cole ao longo do curso.
Animámosvos a participar a través dos vosos comentarios!!