Pois aquí temos o podcast feito polo alumnado de 6º de Primaria sobre as actividades feitas na Semana de Rosalía de Castro.
Pois aquí temos o podcast feito polo alumnado de 6º de Primaria sobre as actividades feitas na Semana de Rosalía de Castro.
Non queremos deixar rematar esta semana adicada a Rosalía de Castro sen presentarvos o noso novo mural.
A que quedou chulísimo?
Todo o alumnado participou esta semana na busca de pistas sobre Rosalía de Castro por todo o colexio.
Descubriron novas curiosidades sobre a poetisa e traballaron en equipo.
Hoxe 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía.
Relacionado co proxecto deste ano (Xogolandia), o alumnado participará nun xogo de pistas que estarán agochadas polo noso cole. En cada unha atoparán unha curiosidade de Rosalía elaboradas polo alumnado de 6º de Primaria. As pistas rematarán na biblioteca onde todos os cursos recibirán un agasallo por rematar as pistas.