A derradeira actividade proposta polo EDLG para este trimestre foi a de Relatos de Nadal.
Participou o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Escollemos algúns como exemplo do bo traballo feito por eles.
A derradeira actividade proposta polo EDLG para este trimestre foi a de Relatos de Nadal.
Participou o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Escollemos algúns como exemplo do bo traballo feito por eles.
Estas son as postais gañadoras do Concurso de Nadal.
As gañadoras e gañadores por niveis son:
4º Ed.Infantil: Carlos Allende Álvarez
5º Ed.Infantil: Haron Talhi
6º Ed.Infantil: Sofía Cebey Dias
1º Ed.Primaria: Maira García Senín
2º Ed.Primaria: Hugo Souto Varela
3º Ed.Primaria: Lucía Varela Rodríguez
4º Ed.Primaria: Lorien Calles Naya
5º Ed.Primaria: Paola Rey Berti
6º Ed.Primaria: Claudia Varela Barreira
E de todas elas escollemos a de Paola Rey de 5ºD de Primaria para felicitar as festas a toda a comunidade educativa.
Boas Festas!!
Xa temos expostas as postais finalistas do Concurso de Postais de Nadal.
Entre todas elas foi difícil elixir as gañadoras. Para a vindeira semana publicamos as postais gañadoras do concurso.
Esta semana o alumnado de 6º de Primaria participou nun concerto didáctico organizado polo Departamento de Educación do Concello da Coruña.
Trátase dun concerto didáctico impartido por Rosa Sánchez e Pablo Carpintero no que presentan a historia dalgúns aspectos da evolución musical da humanidade contada a través da vida e desenvolvemento musical dunha nena e dun neno galegos na nosa sociedade tradicional.
No concerto empréganse 43 instrumentos musicais tradicionais galegos diferentes e explícase a teoría da orixe infantil dos instrumentos musicais humanos.
Un ano
máis o EDLG convoca o Concurso de Postais
de Nadal.
Xa está todo o alumnado
creando postais do Nadal para elixir unha para felicitar as festas a
toda a comunidade educativa.
De momento, imos
mostrarvos as postais finalistas do curso pasado.
Nos vindeiros días iremos
publicando as postais gañadoras do Concurso.
Xa rematamos a semana dedicada ao Magosto no cole.
Montamos o seguinte vídeo para que vexades algunhas das actividades que fixo o alumnado nesta semana.
Esta semana o alumnado fará nas aulas manualidades relacionadas co Magosto.
Faremos fotos de todas elas para que as podades ver no blog.
Para animar a espera premede na imaxe para escoitar a "Canción do señor Castañón".
A ONU declarou o ano 2021 como o Ano Internacional das Froitas e Hortalizas.
Desde o Equipo da Biblioteca propoñen este tema como Proxecto Escolar para este curso.
Xa están na biblio mans á obra e seguro que van propoñernos actividades moi divertidas.
As nenas e nenos de 2º de Ed. Primaria mandáronnos este vídeo para que vexamos como celebraron o Samaín.
Grazas por compartilo!
O alumnado de Educacion Infantil celebrou o Samaín elaborando manualidades relacionadas coa conmemoración.
Neste vídeo podedes ver algunhas delas.
Unha mestra preparou esta compilación de actividades sobre o Samaín.
Hai música, vídeos, xogos...
Preme na imaxe para comezar.
Xa chega o Samaín e queremos que vos divirtades.
Recompilamos unhas curtas para que vexades estes días.
Premede nas imaxes.
O alumnado de 3ºB realizou estes traballos sobre refráns do Outono.
Moitas grazas por compartilos!
O alumnado de 4ºA recompilou refráns do Outono e tamén fixo uns debuxos sobre eles.
Gran traballo que queren compartir.
Parabéns!
Estes son algúns dos refráns que nos mandaron:
Hoxe queremos recordar ao gran Quino, creador das historias de Mafalda.
Premede na imaxe para ler o artigo "Sete palabras para Mafalda", do Portal das Palabras da RAG.
Pois xa estamos no Outono e queremos compartir convosco uns refráns:
- "Temperá é a castaña que por setembro regaña"
-"Se en setembro comeza a chover, outono seguro é"
-"Por San Martiño, trompos ao camiño"
-"Por San Martiño, tápase o viño"
Se queredes compartir outros refráns podedes deixalos nos comentarios ou mandalos ao correo do EDLG e publicaremos no blog todos os que recibamos.
O correo é: edlgmariapita@gmail.com
Xa estamos de volta!
Benvidas e benvidos ao curso 2020 - 2021.
O EDLG xa está preparando as novas actividades para este curso, estade atentas e atentos ao blog...