mércores, 21 de xuño de 2023

Remata o curso!!

  Hoxe remata este curso para o noso alumnado.

  Dende o E.D.L.G. queremos darlle as grazas a toda a comunidade educativa pola súa partipación e colaboración nas actividades que propuxemos este curso.

  Parabéns ás nenas e nenos e ás familias polo traballo feito este curso.

  Vémonos en setembro, bo verán rapazada!!


 

mércores, 14 de xuño de 2023

Día da Lingua de Signos

  O 14 de xuño celebramos o Día da Lingua de Signos.

  O alumnado de 6ºA e B signaron unha canción para celebralo.

  A mestra Begoña Currás, do CEE Nosa Señora do Rosario, imparte a materia de Lingua de Signos nos sextos e guiounos na preparación.