Xa estamos de volta!
Benvidas e benvidos ao curso 2026 - 2027.
O EDLG xa está preparando as novas actividades para este curso, estade atentas e atentos ao blog...
Xa estamos de volta!
Benvidas e benvidos ao curso 2026 - 2027.
O EDLG xa está preparando as novas actividades para este curso, estade atentas e atentos ao blog...
Hoxe remata o curso para o noso alumnado.
Dende o E.D.L.G. queremos darlle as grazas a toda a comunidade educativa pola súa partipación e colaboración nas actividades que propuxemos este curso.
Parabéns ás nenas e nenos e ás familias polo traballo feito este curso.
Vémonos en setembro, bo verán rapazada!!
Presentamos a revista escolar elaborada polo equipo do EDLG co resumo das actividades feitas neste curso escolar.
Premede na imaxe da portada para vela.
Rematamos as actividades das Letras Galegas co vídeo do Concurso de chistes.
Unha das actividades programadas para as Letras Galegas son os "Contos Compartidos".
O alumnado trouxo para o cole un conto feito coa súa familia. Despois fixemos unha actividade grupal na que participou todo o centro, de Infantil a 6º de Primaria. Xuntámonos nos patios e compartimos os contos para facer un tempo de lectura no exterior. Os maiores léronlle os contos ao alumnado de Infantil.
Gracias ás familias pola súa colaboración na actividade.
Hoxe domingo, 17 de maio, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Queremos amosarvos o mural feito para este día.
Moitas grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración nas actividades desta semana!!
Dentro das actividades das Letras Galegas, hoxe tivemos a visita dunhas compoñentes do grupo Xacarandaina.
No tempo do recreo houbo bailes nos patios de Infantil e Primaria.
Moitas gracias polas actuacións!