luns, 1 de abril de 2024

Día das Artes Galegas

   Hoxe, luns 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas.

  Nesta ocasión dedicámolo a "Mulleres Galegas que abren camiño nas Artes". Cada aula investigou sobre dúas mulleres que destaquen en pintura, escultura, arquitectura, música, danza, literatura ou cine.

  E como remate da actividade fixemos unha representación da muller tradicional galega usando o noso traxe rexional.