luns, 22 de maio de 2023

venres, 19 de maio de 2023

Letras Galegas 2023: vídeo resumo das actividades

    Para rematar a semana das Letras Galegas queremos presentarvos este vídeo resumo coas actividades que fixemos estes días.



mércores, 17 de maio de 2023

Día das Letras Galegas 2023

  Hoxe mércores, 17 de maio, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

  Este ano adícase á figura de Francisco Fernández del Riego.

 Queremos amosarvos o mural no que participaron desde Infantil ata 6º de Primaria.

  Moitas grazas pola vosa colaboración!! 






luns, 15 de maio de 2023

venres, 5 de maio de 2023

Letras Galegas 2023: a orixe da nosa lingua guapa

  Unha meiga, unha profesora e un grupo de nenas e nenos do CPI Santa Lucía de Moraña protagonizan esta película sobre a historia do nacemento do noso idioma.

  A orixe da nosa lingua guapa é un filme producido pola Real Academia Galega a partir dunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey. Damián Varela foi o director da orquestra a partir do guión asinado por Casalderrey e Fátima R. Ruibal, que é ademais a meiga-mestra que protagoniza esta película xunto ás verdadeiras estrelas: os nenos e as nenas do CPI Santa Lucía de Moraña que se converteron en actores e actrices para a ocasión.






 

 

 

xoves, 4 de maio de 2023

Letras Galegas 2023: Desde a fiestra de don Paco

    Desde o CEIP Juan Rey prepararon o seguinte vídeo para que poidamos coñecer un pouco mellor a vida e obra de Francisco Fernández del Riego.

 


 

mércores, 3 de maio de 2023

Letras Galegas 2023: Concurso de chistes

  Unha das actividades que imos facer para celebrar o Día das Letras Galegas é o Concurso de Chistes.

  O alumnado vai preparar os seus mellores chistes para contar nas aulas e subir ao blog.


 

martes, 2 de maio de 2023

Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego

  Xa estamos en maio!

  Como xa sabedes, o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas.

  Este ano adícanse as Letras Galegas a Francisco Fernández del Riego.

  Este mes iremos subindo ao blog materiais sobre as Letras Galegas.

  O primeiro que queremos amosarvos é o cartel que fixeron no Seminario Galán.

  Se premedes no cartel ides a súa web e alí tendes os materiais que elaboraron este ano para o Día das Letras Galegas.