Unha meiga, unha profesora e un
grupo de nenas e nenos do CPI Santa Lucía de Moraña protagonizan esta película sobre a historia do nacemento do noso idioma.
A orixe da nosa lingua guapa é un filme producido pola Real Academia Galega a partir dunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey. Damián Varela foi o director da orquestra a partir do guión asinado por Casalderrey e Fátima R. Ruibal, que é ademais a meiga-mestra que protagoniza esta película xunto ás verdadeiras estrelas: os nenos e as nenas do CPI Santa Lucía de Moraña que se converteron en actores e actrices para a ocasión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario