Esta semana o alumnado de 6º de Primaria participou nun concerto didáctico organizado polo Departamento de Educación do Concello da Coruña.
Trátase dun concerto didáctico impartido por Rosa Sánchez e Pablo Carpintero no que presentan a historia dalgúns aspectos da evolución musical da humanidade contada a través da vida e desenvolvemento musical dunha nena e dun neno galegos na nosa sociedade tradicional.
No concerto empréganse 43 instrumentos musicais tradicionais galegos diferentes e explícase a teoría da orixe infantil dos instrumentos musicais humanos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario