martes, 5 de maio de 2026

Letras Galegas 2026: Contos Compartidos

  Outra das actividades programadas para as Letras Galegas son os Contos Compartidos.

  Propoñemos ás familias que participen desta actividade creando un pequeno relato en galego e a bolígrafo coas súas fillas e fillos. A extensión sería dunha "carilla". Recordade que este ano o Día das Letras Galegas adícase a Begoña Caamaño polo que estaría moi ben que unha personaxe do conto se chamase como a autora homenaxeada.

  O conto asinarase soamente co nome da alumna ou alumno (sen apelidos nin curso) e o parentesco coa persoa que fixo o relato. Por exemplo: "Pepa e a súa avoa".

  Todos os contos serán compartidos con todo o alumnado e familias do centro, xa que faremos copias para que haxa contos para todos.

  A data límite para que o alumnado entregue o conto na súa titoría será o luns 11 de maio. 

  Deixamos un modelo para que vexades como podemos presentar o conto.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario