xoves, 10 de novembro de 2022

É tempo de Magosto!!

 Para gozar desta data tan especial temos que facer nas nosas casas un trebello para comer as castañas.

 É moi doado!! 

 Precisamos un envase de zume, leite,... cortado pola metade. Grampámolo e decorámolo ao noso gusto.
 
 Despois poñemos un cordón de la para poder colgalo do pescozo.
 
 Nun envase botaremos as castañas e noutro botaremos as pelas, así non ensuciamos o chan!!
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario