venres, 18 de novembro de 2022

Música Tradicional Galega no Magosto

   Esta semana, dentro das actividades do Magosto, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun taller de gaita e dun concerto didáctico de música tradicional galega.

  O mércores o alumnado de 6º de Primaria participou non obradorio de gaita galega impartido polo mestre gaiteiro Xoan Carlos Rilo. O xoves foi o turno do alumnado de 5º de Primaria, que paticiparon nun concerto de música tradicional galega impartido polo Grupo de Música Tradicional da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). Os músicos tocaron unhas pezas e presentaron os distintos instrumentos que soaron.

  Premede na imaxe para ver o vídeo das actividades:





Ningún comentario:

Publicar un comentario