mércores, 18 de decembro de 2019

Concerto Didáctico de Música Tradicional Galega


  Este mércores 18 de decembro o alumnado de 4º de Educación Primaria gozou dun Concerto Didáctico de Música Tradicional Galega.

  O concerto realizouno o Grupo de Música Tradicional da Consellería de Cultura, organizado  polo Centro Coreográfico Galego, adscrito á Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e pertencente á Consellería de Cultura e Turismo de Galicia.

  Os músicos tocaron unhas pezas que fixeron bailar ao público presente. Tamén nos presentaron os distintos instrumentos que soaron.

  Nenas e nenos quedaron encantandas e encantados co concerto.

  Premendo na imaxe podedes ver como foi esta actividade.



https://photos.google.com/album/AF1QipO1LCFkyiw-DO7CSWRf0ujHALvAlh-qFOE9USgt 







Ningún comentario:

Publicar un comentario