O Seminario Galán preparou esta exposición coa biografía e obra de Xela Arias, con ilustracións de Carlos Gallego Domínguez.
Premede na imaxe para ver as láminas da exposición.
O Seminario Galán preparou esta exposición coa biografía e obra de Xela Arias, con ilustracións de Carlos Gallego Domínguez.
Premede na imaxe para ver as láminas da exposición.
O EDLG do Colexio San Pío X de Ourense fixo en vídeo un breve repaso pola vida e obra de Xela Arias. Empregou fermosas imaxes de Carlos Gallego e textos do Seminario Galán, na voz dos nenos e das nenas de 5º de Primaria.
Premede na imaxe para ver o vídeo.
Xa estamos en maio!
Como xa sabedes, o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas.
Este ano adícanse as Letras Galegas a Xela Arias.
Este mes iremos subindo ao blog materiais sobre as Letras Galegas.
O primeiro que queremos amosarvos é o cartel que fixeron no Seminario
Galán.
Se premedes no cartel ides a súa web e alí tendes os materiais que
elaboraron este ano para o Día das Letras Galegas.
As titorías de 2º de Primaria, en colaboración coa mestra de Educación Musical, elaboraron un mural para celebrar o Día da Muller Traballadora.
Este é o vídeo da creación do mural que xa podemos ver no corredor de 2º.
E o alumnado de 6º de Primaria remata este percorrido polas aulas do cole.
Tamén recitaron poemas de Rosalía.
Este é o seu vídeo:
Nas aulas de 5º de Primaria tamén se recitou a Rosalía.
Este é o vídeo de 5º:
O EDLG coa colaboración do Equipo de Biblioteca preparou un mural para colocar no primeiro andar.
O título do mural é "A lareira de Rosalía, cociñando versos" para relacionar o Día de Rosalía co Proxecto do cole deste ano sobre as froitas e verduras
Repartíronse as tarefas entre Infantil e Primaria. Este é o resultado:
Tamén se expuxeron polos corredores os traballos das distintas aulas: