Xa están expostos os agasallos que entregaremos ao alumnado gañador no Concurso de Postais do Nadal.
O venres faremos as badaladas para despedir o ano e antes faremos entrega destes agasallos.
Tamén temos algunha sorpresa preparada para ese día.
Xa están expostos os agasallos que entregaremos ao alumnado gañador no Concurso de Postais do Nadal.
O venres faremos as badaladas para despedir o ano e antes faremos entrega destes agasallos.
Tamén temos algunha sorpresa preparada para ese día.
Neste mes de decembro na nosa biblio prepararon un obradoiro para o alumnado de 1º e 2º de Primaria.
Nos recreos o alumnado creará as súas postais navideñas coa axuda das mestras da biblio.
Estas son as postais gañadoras do Concurso de Postais do Nadal.
4º Ed. Infantil: traballo grupal da aula de 4ºA
5º Ed. Infantil: traballo grupal da aula de 5ºA
6º Ed. Infantil: traballo grupal da aula de 6ºA
1º Ed. Primaria: Mariña S.(1ºB)
2º Ed. Primaria: Vera P. (2ºA)
3º Ed. Primaria: Mario C. (3ºC)
4º Primaria: Lucía A. (4ºB)
5º Primaria: Xiana V. (5ºA)
6º Primaria: Nodo J. (6ºB)
E escollemos a de Julia R.de 4º C de Primaria para felicitar as festas a toda a comunidade educativa.
Chegou o mes do Nadal!!
O Concurso de Postais do Nadal xa está en marcha.
Este é o cartel do concurso:
Hoxe o alumnado de 5º de Primaria gozou dun concerto didáctico de música tradicional galega.
O concerto realizouno o Grupo de Música Tradicional, organizado polo Centro Coreográfico Galego, adscrito á Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e pertencente á Consellería de Cultura e Turismo de Galicia.
Os músicos tocaron unhas pezas e tamén nos presentaron os distintos instrumentos que soaron.
Seguimos coa celebración do Día do Peón e hoxe recibimos a visita de Luis Ramas, Mestre de Educación Física que sabe moito de buxainas.
Gracias Luis por ensinarnos tanto sobre as buxainas.
O día 11 de novembro celébrase o Día do Peón.
Baixo o lema "Polo San Martiño, peóns ao camiño" preténdese que o día 11 de novembro convírtase nun día no que os peóns, bailados tanto pola rapazada como polos maiores, bailen e requebren por toda a xeografía galega.
No colexio preparamos unha exposición de buxainas decoradas polo alumnado.
E o mércores 12 teremos un obradoiro de peóns impartido por Luis Ramas.
Para celebrar o Día do Peón, imos preparar no cole unha exposición de buxainas decoradas polo alumnado.
Xa temos PDI deste curso!
Imos chamerlle: "Xogolandia, o lugar dos xogos".
Este curso imos gozar dos xogos no seu espectro máis amplo: populares, de mesa, tradicionais,....
Unha cousa témola clara, seguro que o pasamos moi ben!!