venres, 28 de febreiro de 2025

luns, 24 de febreiro de 2025

domingo, 23 de febreiro de 2025

Día de Rosalía

  Este ano para a celebracion do Día de Rosalía, non tiñamos bastante cun día polo que empregamos toda unha semana!!

  Comezamos argallando un mural colaborativo onde todo o centro participase. Enmarcado no PDI de #explorACoruña quixemos investigar sobre cantas "Rosalías" había na nosa cidade. Descubrimos un museo, unha rúa, un cole, unha estatua...pero abarcamos máis e saímos da nosa cidade atopando aeroportos, avións...e ata estrelas!!




 


sábado, 22 de febreiro de 2025

mércores, 19 de febreiro de 2025

Entroido 2025

  No CEIP María Pita xa estamos argallando o noso Entroido.

  A temática deste curso é a cidade da Coruña, polo que toda a comunidade educativa está preparando disfraces relacionados coa temática.
 
   Na semana do 24 ao 28 de febreiro teremos que seguir as ordes do noso Meco.

Son o rei do Entroido

Meco danme en chamar

se ben o queres pasar

este Mandadiño tes que realizar