Xa temos o vídeo cos chistes finalistas deste ano.
Xa temos o vídeo cos chistes finalistas deste ano.
Hoxe sábado, 17 de maio, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Queremos amosarvos o mural feito polo alumnado para este día.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!
Hoxe visitounos Omar Pule, campión internacional na especialidade de baile de peóns, facendo unha exhibición ao alumnado do cole.
Seguimos coas actividades da Semana das Letras Galegas.
Grazas pola visita Omar!
Dentro da Semana das Letras Galegas, hoxe o alumnado de 6º de Primaria participou nun obradoiro de gaita galega. O obradorio foi impartido polo mestre gaiteiro Xoán Carlos Rilo.
Dentro das actividades das Letras Galegas, hoxe tivemos a visita dunhas compoñentes do grupo Xacarandaina.
No tempo do recreo houbo bailes nos patios de Infantil e Primaria.
Moitas gracias polas actuacións!
Comeza maio e no cole xa estamos traballando sobre a celebración das Letras Galegas.
Este mes iremos subindo ao blog as actividades que temos preparadas sobre as Letras Galegas.
Unha das actividades que imos facer para celebrar o Día das Letras Galegas é o Concurso de chistes.
O alumnado vai preparar os seus mellores chistes para contar nas aulas e subir ao blog.