venres, 20 de xuño de 2025

Remata o curso!!

  Hoxe remata o curso para o noso alumnado.

  Dende o E.D.L.G. queremos darlle as grazas a toda a comunidade educativa pola súa partipación e colaboración nas actividades que propuxemos este curso.

  Parabéns ás nenas e nenos e ás familias polo traballo feito este curso.

  Vémonos en setembro, bo verán rapazada!!


 

luns, 16 de xuño de 2025

Revista Escolar 2024-2025

   Presentamos a revista escolar elaborado polo equipo do EDLG co resumo das actividades feitas este curso escolar.

   Premede na imaxe para vela.


 

martes, 3 de xuño de 2025

Carteo intercentros

   Este curso iniciamos unha nova actividade: o carteo intercentros.

  O alumnado de 4º de Primaria do noso cole intercambiou correspondencia co alumnado de 4º de Primaria do CEIP Novo Mesoiro.

  Nestas primeiras cartas o alumnado foi presentando o seu centro e xa queren volver a enviar e recibir máis cartas.