mércores, 19 de novembro de 2025

Concerto de Música Tradicional Galega

 

   Hoxe o alumnado de 5º de Primaria gozou dun concerto didáctico de música tradicional galega.  

   O concerto realizouno o Grupo de Música Tradicional, organizado  polo Centro Coreográfico Galego, adscrito á Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e pertencente á Consellería de Cultura e Turismo de Galicia.

   Os músicos tocaron unhas pezas e tamén nos presentaron os distintos instrumentos que soaron.




 


venres, 14 de novembro de 2025

xoves, 13 de novembro de 2025

mércores, 12 de novembro de 2025

Obradoiro de peóns con Luis Ramas

   Seguimos coa celebración do Día do Peón e hoxe recibimos a visita de Luis Ramas, Mestre de Educación Física que sabe moito de buxainas.

   Gracias Luis por ensinarnos tanto sobre as buxainas.







 

martes, 11 de novembro de 2025

Día do Peón 2025

  O día 11 de novembro celébrase o Día do Peón. 

  Baixo o lema "Polo San Martiño, peóns ao camiño" preténdese que o día 11 de novembro convírtase nun día no que os peóns, bailados tanto pola rapazada como polos maiores, bailen e requebren por toda a xeografía galega.

  No colexio preparamos unha exposición de buxainas decoradas polo alumnado. 

  E o mércores 12 teremos un obradoiro de peóns impartido por Luis Ramas. 








 

 


mércores, 5 de novembro de 2025

luns, 3 de novembro de 2025

Proxecto de centro: Xogolandia, o lugar dos xogos

   Xa temos PDI deste curso!

   Imos chamerlle: "Xogolandia, o lugar dos xogos".

   Este curso imos gozar dos xogos no seu espectro máis amplo: populares, de mesa, tradicionais,....

   Unha cousa témola clara, seguro que o pasamos moi ben!!