Este ano 2026 será o Ano Otero Pedrayo.
O Parlamento de Galicia aprobou unha declaración institucional pola que dedicará o ano 2026 á figura do escritor, ensaísta, xeógrafo, político e profesor ourensán con motivo do seu 50º cabodano e do centenario da publicación da Guía de Galicia, unha das súas grandes obras.
Para esta celebración varios centros de ensino coruñeses e ourensáns elaboramos uns recursos que poñemos á vosa disposición.
Picando na imaxe teredes unhas actividades interactivas en formato genially sobre Otero Pedrayo.


