luns, 13 de abril de 2020

#EUQUEDONACASA: Contos contados



  Queredes que vos conten uns contos chulísimos?

  Pois premendo na imaxe ides atopar moitos contos contados por persoas relacionadas coa literarura e a educación.

  A editorial Kalandraka creou o canal Kalandraka TV para que todas e todos vexamos estes contos contados.

http://kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=6#PD_Loli%20Blanco%20-%20La%20cebra%20Camila


 



luns, 6 de abril de 2020

#EUQUEDONACASA: Xabarín Club !!

  Somos do clube da galega
  por fuciños, por cacheiras
  somos do clube da galega
  OINK, OINK! 

  Para estes días nada mellor que o Xabarín Club.

  Premendo na imaxe entrades na súa web, onde tendes cancións, series, curtas, xogos, ... 


 




         

sábado, 28 de marzo de 2020

#EUQUEDONACASA: Recursos para entreterse



  Queremos presentarvos unha nova web...

  Aulas Galegas, un portal educativo no que un grupo de docentes pon á disposición de toda a comunidade escolar recursos didácticos e de lecer da maioría das materias curriculares, todos en galego.

  Podedes consultalos premendo na imaxe:



https://aulasgalegas.org/






mércores, 4 de marzo de 2020

Día de Rosalía de Castro

  O 24 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro.

  No CEIP María Pita fixemos unha actividade o venres 28 na nosa biblioteca.
 Todo o alumnado recitou poemas de Rosalía e na semana anterior tamén fixeron moitos traballos sobre a vida e obra da poetisa.

  Premendo na imaxe veredes algunhas imaxes dos traballos que se fixeron en Infantil e Primaria.

https://photos.app.goo.gl/ovdrP3ocaTdMSYPb9


  E tamén temos fotos do alumnado recitando poemas de Rosalía na biblioteca. Premede na imaxe.


https://photos.app.goo.gl/ziXQ75wB5WDgbWNS9





venres, 28 de febreiro de 2020

Festa do Entroido!


  O venres 21 celebramos a festa do Entroido no colexio. O cine foi o gran protagonista.

  Tivemos de todo... desfile, música cos Kilomberos, larpeiradas típicas e ata photocall !

  Premendo na imaxe ides á Galería de Imaxes da web do cole, onde están as fotografías desta gran festa.



venres, 14 de febreiro de 2020

Entroido 2020


   No CEIP María Pita xa estamos argallando o noso Entroido.

   A temática deste curso é o cine, polo que toda a comunidade educativa está preparando disfraces de personaxes do mundo do cine.
 
   Na semana do 17 ao 21 de febreiro teremos que seguir as ordes do Mandadiño.

   O venres 21 será o día do gran desfile !!

   


 

 

  

martes, 4 de febreiro de 2020

Día da Paz


   O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

   No colexio fixemos unha actividade na que participou todo o alumnado. Saímos ás pistas e compuxemos o símbolo da Paz. Despois lemos o manifesto para ese día e o alumnado de quinto interpretou unha fermosa melodía coas frautas.