mércores, 13 de maio de 2020

As pitas baixo a choiva

Desde a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra queren compartir con toda a comunidade educativa do noso cole un fermoso proxecto.

Este traballo está pensado para o alumnado desde os 3 ata os 12 anos e relacionado co persoeiro das Letras Galegas 2.020, Ricardo Carvalho Calero.

O proxecto chámase As pitas baixo a choiva e premendo na imaxe podedes acceder ao conto, á música e á unidade didáctica.



http://aspitas.gal/

martes, 12 de maio de 2020

Outro xogo de pistas!!

  Seguimos investigando sobre Carvalho Calero.


  As mestras Alba Carril do CPI de Vedra e Ana Sánchez do CEIP Arquitecto Casas Novoa

 elaboraron este "Escape Room" para festexar o Día das Letras Galegas deste ano.


   Este magnífico xogo vainos ensinar moito sobre Ricardo Carvalho Calero.


   A disfrutar toda a familia! 



https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020

luns, 11 de maio de 2020

A xogar con Carvalho Calero!

  Hoxe queremos que xoguedes e tamén investiguedes...

  A mestra Alba Carril do CPI de Vedra, quixo facernos un agasallo polas Letras Galegas e creou este xogo tan chulo.

  Premede na imaxe e adiante!

  Para comezar o xogo tendes que premer no altofalante.


https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20

venres, 8 de maio de 2020

Preguntoiro Musical sobre Carvalho Calero

  Seguimos coas Letras Galegas.

  Imos cun xogo - canción feita neste tempo de confinamento para seguir coñecendo a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero.

  Premede na imaxe e a cantar!!

  


https://www.youtube.com/watch?v=JjDWS9hT7OQ

mércores, 6 de maio de 2020

Ricardo Carvalho Calero

  Queremos presentarvos ao autor homenaxeado nas Letras Galegas 2.020.

  O alumnado do Colexio San Pío X de Ourense fixo un gran traballo sobre este autor.

  Trátase dun vídeo narrado coas súas propias voces e que conta a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero.

 
https://www.youtube.com/watch?v=nwhKFNhemxY




martes, 5 de maio de 2020

Letras Galegas 2020!

  Xa estamos en maio!

  Como xa sabedes, o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas.

  Este ano o autor homenaxeado é  Ricardo Carvalho Calero.

  Este mes iremos subindo ao blog materiais sobre as Letras Galegas.

  O primeiro que queremos amosarvos é o cartel que fixeron no Seminario Galán.

  Se premedes no cartel ides a súa web e alí tendes os materiais que elaboraron este ano para o Día das Letras Galegas.

  

 
http://seminariogalan.org/inicio/portada

sábado, 2 de maio de 2020

#EUQUEDONACASA: Visita Virtual ao Museo Centro Gaiás

  Na Cidade da Cultura temos o Museo Centro Gaiás, chamado a ser un referente arquitectónico do século XXI.

  Na actualidade pódese ver alí a exposicion "Galicia, un relato no mundo". A exposición permite descubrir abraiantes conexións de Galicia co resto do mundo, así como os segredos que rodean xoias como a Biblia Kennicott, a Santa de Asorey ou o Guerreiro de Lesenho.

  Preparadas e preparados para facer unha visita virtual?

   Premede na imaxe e imos aló!


 
https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/visita-virtual-galicia-un-relato-no-mundo