mércores, 14 de outubro de 2020

Refráns do Outono de 3ºB de Ed. Primaria

   O alumnado de 3ºB realizou estes traballos sobre refráns do Outono.

   Moitas grazas por compartilos!




 


 

luns, 5 de outubro de 2020

Refráns do Outono de 4ºA de Ed. Primaria

  O alumnado de 4ºA recompilou refráns do Outono e tamén fixo uns debuxos sobre eles.

  Gran traballo que queren compartir. 

  Parabéns! 

 

  Estes son algúns dos refráns que nos mandaron:

 
 
  E mirade que debuxos máis chulos fixeron sobre os refráns:
 
 

 


 



xoves, 1 de outubro de 2020

Homenaxe a Quino, Mafalda e ao noso Manoliño

   Hoxe queremos recordar ao gran Quino, creador das historias de Mafalda. 

   Premede na imaxe para ler o artigo "Sete palabras para Mafalda", do Portal das Palabras da RAG.

  


  

mércores, 23 de setembro de 2020

Onte comezou o Outono

 Pois xa estamos no Outono e queremos compartir convosco uns refráns:

 - "Temperá é a castaña que por setembro regaña"

 -"Se en setembro comeza a chover, outono seguro é"

 -"Por San Martiño, trompos ao camiño"

 -"Por San Martiño, tápase o viño"

 

 Se queredes compartir outros refráns podedes deixalos nos comentarios ou mandalos ao correo do EDLG e publicaremos no blog todos os que recibamos.

 O correo é: edlgmariapita@gmail.com

 


 


Comezamos o curso 2020 - 2021!!

   Xa estamos de volta!

  Benvidas e benvidos ao curso 2020 - 2021. 

  O EDLG xa está preparando as novas actividades para este curso, estade atentas e atentos ao blog...

 


 



venres, 19 de xuño de 2020

Remata o curso!!

  Hoxe remata o curso escolar para o noso alumnado.

  Dende o E.D.L.G. queremos darlle as grazas a toda a comunidade educativa pola súa partipación e colaboración nas actividades que propuxemos este curso.

  Parabéns ás nenas e nenos e ás familias polo traballo feito este curso "diferente".

  Vémonos en setembro, bo verán rapazada!!





xoves, 18 de xuño de 2020

Carteis de cine

  Imos coa derradeira actividade deste curso, os carteis de cine.

  Como xa sabedes, este curso o Proxecto da Biblioteca ten como temática o cine.

  Pois o alumnado de cuarto de Primaria elaborou carteis das pelis que máis lle gusta pero modificando ao seu gusto os títulos.

  Mirade que orixinais!!


https://photos.app.goo.gl/9VSGvVJhfGvf11g99