martes, 23 de febreiro de 2021

Descubrindo a Rosalía de Castro

  Para descubrir a Rosalía que mellor xeito que facelo xogando.

  Aquí vos deixamos unhas actividades sinxelas para Infantil e Primaria que elaboraron compañeiras e compañeiros doutros centros. Noraboa a elas e eles polo gran traballo. 

 







luns, 22 de febreiro de 2021

Semana de Rosalía de Castro

  O mércores 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro.

  Pero no cole pensamos que Rosalía de Castro ben merece que lle dediquemos toda a semana!

  Para empezar a semana, premede na imaxe e mirade a historia que nos contan os bolechas sobre Rosalía: 



 



domingo, 14 de febreiro de 2021

Fotos do Entroido

  Preparamos estas presentacións para que vexades que gran día de Entroido pasamos no cole.

  Empezamos polas fotos de Educación Infantil: 

  E estas son as fotos de Educación Primaria:




mércores, 10 de febreiro de 2021

luns, 8 de febreiro de 2021

venres, 5 de febreiro de 2021

Entroido 2021

    No CEIP María Pita xa estamos argallando o noso Entroido.

   A temática deste curso son as Froitas e Hortalizas, polo que toda a comunidade educativa está preparando disfraces relacionados coa temática.
 
   Na semana do 8 ao 12 de febreiro teremos que seguir as ordes da nosa Meca.

Son o raíña do Entroido

Meca danme en chamar

se ben o queres pasar

este Mandadiño tes que realizar



venres, 29 de xaneiro de 2021

Día da Paz

  O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

  O EACE coordinou unha actividade na que participou todo o alumnado. Elaborouse un mural cheo de corazóns coas palabras que o alumnado relaciona co Día da Paz. Este é o resultado:
 
 
   O alumnado de 2º de Primaria elaborou o mural do Abecedario pola Paz