O alumnado de Educación Infantil tamén quixo homenaxear a Rosalía bailando o seu poema da galiña.
Mirade que ben o pasaron o Día de Rosalía!
O alumnado de Educación Infantil tamén quixo homenaxear a Rosalía bailando o seu poema da galiña.
Mirade que ben o pasaron o Día de Rosalía!
Un 24 de febreiro chegou a Galicia unha muller que rompería con moitas barreiras. Dende a súa Compostela natal ata o Padrón que a viu crecer defendeu a lingua e os dereitos de moitos e de moitas. Dende a súa morte, este día adícase a recordar a súa memoria e a súa obra.
Esta semana o noso alumnado realiza actividades sobre a vida e obra de Rosalía e imos mostrarvos algunhas delas.
Para celebrar este 24 de febreiro nada mellor que bailar!!
O alumnado de 1º de Primaria quixo facer da súa clase un galiñeiro que lembra un dos poemas de Rosalía en Cantares Gallegos:
Isca de aí,
galiña maldita,
isca de aí,
non me mátela pita.
Isca de aí,
galiña ladrona,
isca de aí,
pra cas túa dona.
Para descubrir a Rosalía que mellor xeito que facelo xogando.
Aquí vos deixamos unhas actividades sinxelas para Infantil e Primaria que elaboraron compañeiras e compañeiros doutros centros. Noraboa a elas e eles polo gran traballo.
O mércores 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro.
Pero no cole pensamos que Rosalía de Castro ben merece que lle dediquemos toda a semana!
Para empezar a semana, premede na imaxe e mirade a historia que nos contan os bolechas sobre Rosalía:
Preparamos estas presentacións para que vexades que gran día de Entroido pasamos no cole.
Empezamos polas fotos de Educación Infantil:
E estas son as fotos de Educación Primaria: