E o alumnado de 6º de Primaria remata este percorrido polas aulas do cole.
Tamén recitaron poemas de Rosalía.
Este é o seu vídeo:
E o alumnado de 6º de Primaria remata este percorrido polas aulas do cole.
Tamén recitaron poemas de Rosalía.
Este é o seu vídeo:
Nas aulas de 5º de Primaria tamén se recitou a Rosalía.
Este é o vídeo de 5º:
O EDLG coa colaboración do Equipo de Biblioteca preparou un mural para colocar no primeiro andar.
O título do mural é "A lareira de Rosalía, cociñando versos" para relacionar o Día de Rosalía co Proxecto do cole deste ano sobre as froitas e verduras
Repartíronse as tarefas entre Infantil e Primaria. Este é o resultado:
Tamén se expuxeron polos corredores os traballos das distintas aulas:
Tócalle ao alumnado de 4º de Primaria.
Para o Día de Rosalía elexiron o poema "Cantarte hei, Galicia".
Listos ... xa!!
O alumnado de 2º e 3º de Primaria recitaron poemas de Rosalía nas súas aulas. Pasamos por elas para que vexades que ben o fan.
En 2º elexiron os poemas de "Vente, rapasa", "Alborada" e "Has de cantar".
En 3º recitaron "Campanas de Bastabales" e "Un repoludo gaiteiro"
O alumnado de Educación Infantil tamén quixo homenaxear a Rosalía bailando o seu poema da galiña.
Mirade que ben o pasaron o Día de Rosalía!
Un 24 de febreiro chegou a Galicia unha muller que rompería con moitas barreiras. Dende a súa Compostela natal ata o Padrón que a viu crecer defendeu a lingua e os dereitos de moitos e de moitas. Dende a súa morte, este día adícase a recordar a súa memoria e a súa obra.
Esta semana o noso alumnado realiza actividades sobre a vida e obra de Rosalía e imos mostrarvos algunhas delas.
Para celebrar este 24 de febreiro nada mellor que bailar!!
O alumnado de 1º de Primaria quixo facer da súa clase un galiñeiro que lembra un dos poemas de Rosalía en Cantares Gallegos:
Isca de aí,
galiña maldita,
isca de aí,
non me mátela pita.
Isca de aí,
galiña ladrona,
isca de aí,
pra cas túa dona.