martes, 11 de maio de 2021

Caderno de vocabulario: Froitas

 Dentro das actividades das Letras Galegas, o alumnado de Primaria elaborou uns cadernos de vocabulario relacionado co Proxecto deste ano.

 O primeiro que presentamos é o vocabulario de froitas.

 Premede na imaxe para velo.


 



luns, 10 de maio de 2021

Letras Galegas 2021: Canción Xela Arias

  Canción de Samuel Soto Macías sobre a vida de Xela Arias. Esta é unha adaptación con pictogramas para favorecer a comprensión da fantástica letra e conmemorar o Día das Letras Galegas.

  Premede na imaxe.

 



 

venres, 7 de maio de 2021

Letras Galegas 2021: Primavera das Letras

   A Real Academia Galega está a publicar contidos lúdicos e didácticos a través da páxina web Primavera das Letras.

  Unhas das actividades interactivas sobre Xela Arias é "De fragas e paxaros faladores".

  Premede na imaxe e a disfrutar!

 


 


xoves, 6 de maio de 2021

Letras Galegas 2021: Concurso de chistes

    Unha das actividades que imos facer no cole para celebrar o Día das  Letras Galegas é o Concurso de Chistes.

  O alumnado de Primaria vai preparar os seus mellores chistes para contar nas aulas.

  Subiremos ao blog algúns deles.


 

mércores, 5 de maio de 2021

Letras Galegas 2021: Exposición Xela Arias

  O Seminario Galán preparou esta exposición coa biografía e obra de Xela Arias, con ilustracións de Carlos Gallego Domínguez.

  Premede na imaxe para ver as láminas da exposición.

 


 

martes, 4 de maio de 2021

Letras Galegas 2021: Vida e obra de Xela Arias Castaño

  O EDLG do Colexio San Pío X de Ourense fixo en vídeo un breve repaso pola vida e obra de Xela Arias. Empregou fermosas imaxes de Carlos Gallego e textos do Seminario Galán, na voz dos nenos e das nenas de 5º de Primaria.

 Premede na imaxe para ver o vídeo.

 


 

luns, 3 de maio de 2021

Letras Galegas 2021: Xela Arias

   Xa estamos en maio!

  Como xa sabedes, o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas.

  Este ano adícanse as Letras Galegas a Xela Arias.

  Este mes iremos subindo ao blog materiais sobre as Letras Galegas.

  O primeiro que queremos amosarvos é o cartel que fixeron no Seminario Galán.

  Se premedes no cartel ides a súa web e alí tendes os materiais que elaboraron este ano para o Día das Letras Galegas.