Xa estamos en maio!
Como xa sabedes, o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas.
Este ano adícanse as Letras Galegas a Luísa Villalta Gómez.
Este mes iremos subindo ao blog materiais sobre as Letras Galegas.
O primeiro que queremos amosarvos é o cartel que fixeron no Seminario
Galán.
Se premedes no cartel ides a súa web e alí atoparedes os materiais que
elaboraron este ano para o Día das Letras Galegas.
mércores, 1 de maio de 2024
Letras Galegas 2024: Luísa Villalta Gómez
luns, 1 de abril de 2024
Día das Artes Galegas
Hoxe, luns 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas.
Nesta ocasión dedicámolo a "Mulleres Galegas que abren camiño nas Artes". Cada aula investigou sobre dúas mulleres que destaquen en pintura, escultura, arquitectura, música, danza, literatura ou cine.
E como remate da actividade fixemos unha representación da muller tradicional galega usando o noso traxe rexional.
sábado, 24 de febreiro de 2024
Poema de Rosalía de Castro
Unha das actividades feitas polo alumnado foi este fermoso vídeo recitando a Rosalía.
venres, 23 de febreiro de 2024
Día de Rosalía
Hoxe 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía.
O alumnado está a traballar esta semana para coñecer mellor a figura de Rosalía.
Este é o mural no que participaron todas as aulas.
venres, 9 de febreiro de 2024
As imaxes do Entroido
Hoxe celebramos o noso Entroido.
Nesta presentación temos un resumo desta xornada.
luns, 5 de febreiro de 2024
venres, 2 de febreiro de 2024
Entroido 2024
No CEIP María Pita xa estamos argallando o noso Entroido.
A temática deste curso son as Olimpíadas e Paraolimpíadas, polo que toda a comunidade educativa está preparando disfraces relacionados coa temática.
Na semana do 5 ao 9 de febreiro teremos que seguir as ordes do noso Meco.
Son o rei do Entroido
Meco danme en chamar
se ben o queres pasar
este Mandadiño tes que realizar










