domingo, 24 de novembro de 2019

Como cambian os tempos!


 O mércores 20 de novembro o alumnado de 6º de Educación Primaria participou dunha charla - coloquio sobre como era a Galicia dos anos 60 e os cambios que se foron producindo. 

 A charla realizouna a Asociación Cultural "Tempo Novo" de Elviña - Castro, en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística e cos Equipos de Dinamización.



venres, 15 de novembro de 2019

Celebramos o Magosto


 Este venres 15 celebramos no CEIP María Pita o noso Magosto.

 Toda a comunidade educativa participou para poder comer unhas castañas, ver ao castañeiro asando e bailar coa música da Asociación Cultural Malante.

 Grazas a todos/as pola vosa colaboración!!

 Premede na imaxe para ver as fotos da festa!

 

https://photos.app.goo.gl/RVsvXLk7eoWVvhDKA








venres, 8 de novembro de 2019

É tempo de Magosto!!


Toda a comunidade educativa do CEIP María Pita está preparando a celebración do Magosto.

 Será o vindeiro venres 15 de novembro.


Para gozar desta data tan especial temos que construir nas nosas casas este trebello. É moi doado!! 

Precisamos dous envases de zume, leite, etc. cortados pola metade. Grampámolos e decorámolos ao noso gusto. So queda poñer un cordón de la para poder colgalo do pescozo. Nun envase botaremos as castañas e noutro botaremos as pelas. Así teremos as mans ben libres para COMER MOITAS CASTAÑAS e de paso non ensuciamos o chan!! Se premedes na imaxe poderedes ver o proceso:




xoves, 7 de novembro de 2019

Samaín 2019


   No CEIP María Pita celebramos o Samaín enchendo o cole de cabazas moi ben decoradas.

Premede na imaxe para ver a exposición que fixemos.





mércores, 23 de outubro de 2019

Mirade que curtas máis chulas...


É tempo de Samaín e queremos que vos divirtades.  Recompilamos unhas curtas para que vexades estes días:

 Fiz, o coleccionista de medos


A bruxa regañadentes



Os difuntos falaban castelao












 

Xa chega o Samaín!


 Para celebrar o Samaín o alumnado do cole vai facer as cabazas máis arrepiantes nunca vistas.

 Imos repartir a seguinte circular para que leven as súas casas.

 Cando teñamos a exposición de cabazas feita na entrada do cole poñeremos fotos de todas elas.





luns, 21 de outubro de 2019

Este ano o cine é o protagonista

Este curso no Proxecto Documental Integrado (PDI) as nenas e nenos do cole investigarán sobre o cine.


  

Xa está o Equipo de Biblioteca mans á obra e seguro que vai propoñernos actividades moi divertidas.