Chega o turno do alumnado de 3º a 6º de Primaria:
Chega o turno do alumnado de 3º a 6º de Primaria:
Xa temos preparado o primeiro pase do concurso de chistes.
Imos co alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria.
A orixe da nosa lingua guapa é un filme producido pola Real Academia Galega a partir dunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey. Damián Varela foi o director da orquestra a partir do guión asinado por Casalderrey e Fátima R. Ruibal, que é ademais a meiga-mestra que protagoniza esta película xunto ás verdadeiras estrelas: os nenos e as nenas do CPI Santa Lucía de Moraña que se converteron en actores e actrices para a ocasión.
Desde o CEIP Juan Rey prepararon o seguinte vídeo para que poidamos coñecer un pouco mellor a vida e obra de Francisco Fernández del Riego.
Unha das actividades que imos facer para celebrar o Día das Letras Galegas é o Concurso de Chistes.
O alumnado vai preparar os seus mellores chistes para contar nas aulas e subir ao blog.
Xa estamos en maio!
Como xa sabedes, o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas.
Este ano adícanse as Letras Galegas a Francisco Fernández del Riego.
Este mes iremos subindo ao blog materiais sobre as Letras Galegas.
O primeiro que queremos amosarvos é o cartel que fixeron no Seminario
Galán.
Se premedes no cartel ides a súa web e alí tendes os materiais que
elaboraron este ano para o Día das Letras Galegas.
Onte tivemos unha fermosa actividade de contacontos organizada poa Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración con Enrique Mauricio e Tania Solla.
Dentro do Proxecto de "Donas de Si" o alumnado traballou sobre a figura da pintora Maruja Mallo.