martes, 5 de maio de 2026

Letras Galegas 2026: Contos Compartidos

  Outra das actividades programadas para as Letras Galegas son os Contos Compartidos.

  Propoñemos ás familias que participen desta actividade creando un pequeno relato en galego e a bolígrafo coas súas fillas e fillos. A extensión sería dunha "carilla". Recordade que este ano o Día das Letras Galegas adícase a Begoña Caamaño polo que estaría moi ben que unha personaxe do conto se chamase como a autora homenaxeada.

  O conto asinarase soamente co nome da alumna ou alumno (sen apelidos nin curso) e o parentesco coa persoa que fixo o relato. Por exemplo: "Pepa e a súa avoa".

  Todos os contos serán compartidos con todo o alumnado e familias do centro, xa que faremos copias para que haxa contos para todos.

  A data límite para que o alumnado entregue o conto na súa titoría será o luns 11 de maio. 

  Deixamos un modelo para que vexades como podemos presentar o conto.


 

Letras Galegas 2026: Concurso de chistes

  Unha das actividaedes que imos facer para celebrar o Día das Letras Galegas é o Concurso de chistes.

  O alumnado vai preparar os seus mellores chistes para contar nas aulas e subir ao blog.

 


 

luns, 4 de maio de 2026

Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño

  Xa estamos en maio!

  Como xa sabedes, o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas.

  Este ano adícanse as Letras Galegas a Begoña Caamaño.

  Este mes iremos subindo ao blog materiais sobre as Letras Galegas.

  O primeiro que queremos amosarvos é o cartel que fixeron no Seminario Galán.

  Se premedes no cartel ides a súa web e alí atoparedes os materiais que elaboraron este ano para o Día das Letras Galegas.

 


luns, 16 de marzo de 2026

Xogolandia: as portas das aulas

   Temos as portas das aulas do cole decoradas coa temático de Xogolandia.

    Que xogo preferides? 
















 

luns, 9 de marzo de 2026

Ano Otero Pedrayo

  Este ano 2026 será o Ano Otero Pedrayo. 

  O Parlamento de Galicia aprobou unha declaración institucional pola que dedicará o ano 2026 á figura do escritor, ensaísta, xeógrafo, político e profesor ourensán con motivo do seu 50º cabodano e do centenario da publicación da Guía de Galicia, unha das súas grandes obras.

  Para esta celebración varios centros de ensino coruñeses e ourensáns elaboramos uns recursos que poñemos á vosa disposición.

 Picando na imaxe teredes unhas actividades interactivas en formato genially sobre Otero Pedrayo.


domingo, 8 de marzo de 2026

8 de marzo: Día Internacional da Muller

  Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller. 

  Para celebralo, queremos compartir o traballo feito polo alumnado do cole.

  Realizaron un mural sobre mulleres deportistas que alcanzaron grandes logros nas súas especialidades.



 

luns, 2 de marzo de 2026

Carteo co CEIP Novo Mesoiro

   Seguindo a actividade iniciada no curso pasado, o alumnado de 5º de Primaria recibío o segundo envío de cartas do alumnado do CEIP Novo Mesoiro.

   Xa estamos preparando as cartas de resposta dende o noso cole.